Biografía Martín Maez

Martín Maez naceu o 30 de maio de 1986 en Redondela (Pontevedra) . Despois de formarse en canto moderno e arte dramática en varios centros de Galicia en 2009 comeza a súa carreira profesional dentro do musical “El libro de la Selva” de Barceló Producciones, onde interpretou o papel de Mowgli durante 6 tempadas.

Grazas a esa obra, Martín comeza a facerse un oco dentro do panorama artístico nacional. Forma parte dos elencos de “Pocahontas, el musical”, “El Patito Feo” e , en 2015 incorpórase a compañía galega Teatro Avento Producións.

Nesta compañía, onde continúa na actualidade, participa nas montaxes musicais “O Mago de Oz”, “The Fantasticks”, “Hansel e Gretel”, “Aladino e a lámpada marabillosa” e “Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos”. Este último musical foi finalista nos XXIV dos Premios de Teatro María Casares como finalista a mellor espectáculo infantil.

Ese mesmo ano, Martín Maez lanza o seu primeiro traballo musical “Secretos perdidos”. Un EP, formado por 5 cancións compostas polo propio artista e producidas por Paul De Ville, ex guitarrista e fundador de La Quinta Estación. Un álbum pop co que alcanzou os primeiros postos de ventas en Amazon e conseguiu o accésit a mellor banda sonora no festival de Web Series de Bilbao co tema «Quilómetros».

En 2016 lanza un novo single «Sin frenos», presentado no I Festival Festilalín, organizado no concello de Lalín dentro das celebracións dos I Cocido do Orgullo. “Sin frenos”, producida por Quico Bea, foi creada para o festival coma un himno da diversidade e da reivindicación do amor libre e sen cancelas.

Baixo esta mesa produción, en decembro dese mesmo ano presenta “Contigo volvo a brillar”, unha canción de nadal coa que participa no “I Festival este Nadal canta con nos” da CRTVG e tamén “Ahora”, canción presentada ao proceso de selección para Eurovisión 2017.

Durante os anos seguintes, Martín Maez compaxinou a súa carreira artística coa compañía Teatro Avento Producións con pequenas xiras de concertos onde repasaba as súas cancións publicadas ata o momento coa presentación de novos temas.

Na actualidade atópase inmerso na  composición e produción dun novo EP. Un traballo que será presentado ao longo do 2020 e que conta coa produción de Celso Madriñán (produtor de Fredi Leis, Silvia Penide ou Xoel López entre outros) e de Quico Bea.

Martín Maez